A empresa galega TxStockData mellora a súa plataforma tecnolóxica Senseitrade
mércores, 3 de febreiro do 2021
TxStockData,
a startup
galega do sector financeiro, mellorou
a súa plataforma tecnolóxica Senseitrade, especializada en detectar
tendencias en bolsa a partir de información obtida de redes sociais
e Internet.
Ata
o momento, a plataforma obtiña información de Twitter. Sen
embargo, a compañía integrou Reddit para detectar tendencias no
foro que poden impactar na cotización en bolsa. David Conde, o
seu creador, explica que “entre as distintas redes sociais, Reddit
converteuse nun dos principais foros e proba diso é que se trata do
sexto sitio máis visitado do mundo e conta con 542 millóns de
usuarios mensuais”.
A
empresa salienta que
Senseitrade é “unha ferramenta sinxela e doada
de
usar que busca achegar o investimento en bolsa a calquera persoa
interesada”. Así, notifica aos seus usuarios sobre os cambios
relevantes no mercado e axúdalles a tomar as decisións de
investimento correctas. De feito, a plataforma está especializada na
análise de sentimento de mercado e tendencias en bolsa a partir de
datos extraídos das redes sociais e Internet.
En
xeral, a tecnoloxía baseada na intelixencia artificial, emprega
algoritmos de procesamento de linguaxe natural para identificar
emocións en textos e mensaxes e usa modelos de Machine
Learning (aprendizaxe
máquina) para
interpretar as complexas relacións que existen entre os mercados e
estas fontes de información alternativa.
Segundo
os promotores, “ a plataforma consegue transformar toda esa
información nunha serie de indicadores de sentimento de mercado que
dan ao usuario acceso a unha fonte de información facilmente
comprensible, única e cada vez máis relevante”.