A empresa tecnolóxica Coaxial, premiada pola patronal boirense
martes, 7 de novembro do 2023
A
ABE (Asociación Boirense de Empresarios) deu a coñecer palmarés
dos seus premios anuais, que recoñecen as mellores prácticas
empresariais desenvolvidas no concello ao tempo que poñen o foco
naquelas iniciativas de mercado que máis e mellor beneficios
achegaron a Boiro e a súa contorna. Foron dar á Cetárea Ángel Mar
(innovadora empresa familiar adicada á venda de pescado e marisco
galego dende 1998, referente en sustentabilidade) e á tecnolóxica
Coaxial, na categoría de mellor empresa.
Coaxial
é unha empresa que dá servizo e asesoramento profesional dende 2015
en áreas de telecomunicacións, electrónica e electrodomésticos.
“Realizan dende traballos técnicos domésticos ata infraestruturas
complexas coas mellores marcas do mercado e sempre atentos as
novidades que este ofrece”, destaca a patronal, lembrando que a súa
política de traballo basease “na profesionalidade, eficiencia e
garantía de resultados”, asegurándose que os clientes “sexan
atendidos de maneira rápida e eficaz facendo un seguimento continuo
en cada intervención buscando sempre a súa máxima satisfacción”.
O
premio de honra recaeu en Rosa
Barcala González, empresaria propietaria da Xoiería e
Reloxeria Teixeira.
A
gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 17 de
novembro a partir das 20:30 hs na Pousada da Galiza Imaxinaria, en
Boiro. A presentación do acto recaerá na actriz, monologuista e
presentadora Marta Doviro. A entrada é exclusivamente con invitación
e contaremos con photocall, musica, pinchos, coctelería
e sobre todo a presenza do tecido empresarial boirense no que será a
festa das empresarias e empresarios locais.