A experiencia tecnolóxica de Inprosec, Sistemius e Mariskito, hoxe na sede da CEP en Vigo
venres, 27 de setembro do 2019
Hoxe
celébrase en Vigo, na
sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, unha actividade
de divulgación e formación en mercadotecnia dixital. A xornada,
que se celebra ao longo da mañá, servirá para afondar en cuestións
“de suma importancia para as PEME e os profesionais, como son a
ciberseguridade e a legalidade nas tecnoloxías”. Asemade, porase o
foco nos fitos acadados por Mariskito,
mostrando en profundidade os logos da súa andaina (máis de 15 anos
de traxectoria no mundo dixital).
O
programa de actividades inclúe un relatorio sobre protección
tecnolóxica a cargo de Manuel Pederne, de Inprosec, empresa centrada
en seguridade da información que axuda a outras firmas a manter a
confidencialidade, a integridade e a dispoñibilidade dos datos. A
continuación, sobre as 10.00 horas, será a quenda das claves legais
a cargo de Jose Nogueira, de Sistemius, unha empresa centrada no
Dereito TIC e en fornecer de recursos para o novo contexto de
actividade dixital, que nos obriga a coñecer os aspectos legais
básicos que se deben ter en conta á hora de iniciar unha estratexia
de mercadotecnia dixital.
A
xornada, tralo café, rematará cun achegamento á andaina de
Mariskito a cargo de Fernando Cividanes. Mariskito, como lembraremos,
é unha empresa familiar adicada á comercialización de peixes e
mariscos frescos de Galicia dende 2004, empregando a fondo as novas
tecnoloxías dixitais para todos os elos da súa cadea produtiva:
promoción, comunicación, xestión, distribución, etc.