A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo
martes, 14 de maio do 2024
A cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de até 1 GB simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares (ao chegar a fibra até as súas vivendas) e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Todo iso unido aos servizos de Wi-Fi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional.
Trátase da última tecnoloxÃa baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, axeitada para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. Un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxÃa actual e até oito veces máis capacidade de subida.
A alianza de R con Rede Aberta permitirá abranguer arredor de 70.000 novos inmóbeis que se conectan agora á infraestrutura da operadora galega e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais dun cento longo de municipios do territorio.
Nas zonas de Rianxo onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de Internet Rural de R con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difÃcil acceso dispor de alta velocidade de até 600 Mbps con 5G e Wi-Fi 6. A tecnoloxÃa 5G de Internet Rural de R apóiase, por unha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema Wi-Fi 6 para facilitar, por exemplo, unha
experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mÃnima, semellante á que terÃan cunha conexión de fibra (latencia: tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo en liña).
En resumo, a opción da fibra óptica FTTH de R ou a súa solución de Internet rural (se a fibra non chega á zona) son a alternativa para quen teñan en Rianxo unha conexión a Internet a través de par de cobre, porque o tradicional ADSL xa deixou de funcionar e/ou de comercializarse en Galicia.