Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CO2 Smart Tech presenta un software para iniciar ás empresas na xestión eficiente de recursos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CO2 Smart Tech presenta un software para iniciar ás empresas na xestión eficiente de recursos

Redacción
Publicado: 08/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

co2st.jpgA empresa galega CO2 Smart Tech, con sede en Oleiros e especializada no desenvolvemento de sistemas avanzados de control e xestión enerxética en liña, está estes días a participar no evento Conxemar, edición 2014 da Feira Internacional de Produtos do Mar e Conxelados que se celebra ata este 9 de outubro no IFEVI de Vigo. O cometido principal de CO2 Smart Tech neste macroencontro empresarial do sector do mar é, en termos xenéricos, amosar un novo caso de colaboración TIC con sectores externos. En termos concretos, trátase de expoñerlles ás empresas do mar as posibilidades do sistema co2st-tem, unha ferramenta para o aforro e redución de custes. Por certo que o sistema vén con novidades: aplicacións móbiles específicas para tablets que, sincronizadas cunha aplicación na nube, permiten actuar sobre as instalacións de xeito remoto.
Volvendo ao miolo de co2st-tem, dende CO2 Smart Tech, informan que se trata en boa medida dunha iniciativa para axudar ás nosas empresas a iniciarse no control e xestión de consumos e custes de subministros de auga, electricidade e gas mediante unha software de balde dispoñible e operable na nube. “Grazas a un dos módulos deste software”, engaden os responsables de CO2 Smart Tech, os usuarios disporán “dun sistema de xestión de seu que lles permitirá detectar erros de facturación, dispor de indicadores de evolución de consumos e comparar ofertas de subministro enerxético”.

A feira Conxemar, un referente internacional do sector dos produtos do mar e os conxelados
A feira Conxemar, un referente internacional do sector dos produtos do mar e os conxelados

A empresa tamén salienta que se trata dunha ferramenta aberta e flexible, que se adapta ao modelo de xestión de recursos de cada organización e que ten como obxectivo último e fundamental contribuír a que todos melloremos en eficiencia e reducir o impacto no medio ambiente. Para acceder a este software é preciso rexistrarse na ligazón www.co2st.es/registro/. O software fornece dun recurso de axuda que facilita o manexo da ferramenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?