A galega Copemar confía en Seresco a súa transformación dixital
martes, 15 de outubro do 2024
Copemar, empresa galega familiar dedicada á extracción, transformación e distribución de produtos do mar, confiou en Seresco, compañía especializada en solucións tecnolóxicas, para levar a cabo a súa transformación dixital co fin de mellorar a súa eficiencia operativa e optimizar os seus procesos de xestión.
Copemar, con 60 anos de tradición e experiencia no seu sector, necesitaba adaptarse para satisfacer as demandas do mercado actual. Ao ser unha organización con diferentes sociedades dentro do grupo, que operan de maneira fragmentada, Copemar tiña duplicidades no rexistro de información e procesos non optimizados. Así, precisaba integrar todas as súas operacións e controlar todos os fluxos de información que se xeraban en cada ámbito, e tamén requiría asegurar o cumprimento legal e normativo, e proporcionar ferramentas de análises avanzadas para apoiar a toma de decisións estratéxicas. Resumindo, precisaba unha solución de xestión empresarial integral e áxil que abarcase os ámbitos financeiro, loxístico, produtivo e comercial nas súas diferentes actividades.
Para cumprir o seu obxectivo de transformación dixital, Copemar, da man de Seresco, optou por unha solución ERP, en concreto Sage X3, despregada nunha contorna SaaS, para unificar e modernizar os seus sistemas de xestión. O proxecto incluíu a migración de datos e información crucial desde o sistema anterior e a implementación de diversos módulos funcionais do ERP. Os beneficios obtidos tras a implementación resúmense nos seguintes puntos:
-O ERP cobre todas as necesidades funcionais de Copemar cunha formulación estándar, o que permite unha xestión máis eficiente de todas as operacións da empresa.
-Mitíganse riscos de cumprimento legal e normativo, asegurando unha axeitada evolución tecnolóxica con actualizacións transparentes para os usuarios.
-A optimización de procesos e a automatización de tarefas repetitivas permite a redución de tempos de xestión e a liberación de horas de persoal para tarefas de maior valor engadido, como a análise financeira e de xestión.
-A implementación evita duplicidades no rexistro de información e mellora o control dos datos, facilitando a optimización de procesos e proporcionando ferramentas de análises adecuadas.
-Mellórase a coordinación e a xestión das operacións entre as diferentes sociedades do grupo.
-O ERP proporciona unha rastrexabilidade completa de todos os documentos e artigos, optimizando a transparencia e o control. Conséguese unha “visión da empresa completa e transversal”, permitindo unha análise detallada por sociedade, grupo, liña de negocio, centro de custo, marea e planta.
-Facilítase unha análise financeira máis precisa cunha visión consolidada da contabilidade do grupo.
-A implementación na nube baixo o modelo SaaS ofrece maiores flexibilidade, escalabilidade, seguridade e estabilidade.
-Mellórase a xestión comercial xa que lle dota de información adicional e seguimento para a forza de vendas grazas á integración do módulo CRM.
-Cóntase cunha base sólida para futuras innovacións e melloras, marcando un paso crucial na transformación dixital de Copemar.
En palabras de Diana Santos Fernández, do Dpto. Financeiro de Copemar, “a implementación de Sage X3 por parte de Seresco superou todas as nosas expectativas en termos de eficiencia, cumprimento legal e tecnolóxico, e optimización de procesos. En Copemar temos como obxectivo dar resposta ás necesidades dos nosos clientes de forma honesta, renovándonos e mellorando cada día, e agora contamos cunha plataforma flexible que vai apoiar o noso crecemento e mellorar as nosas operacións”.