A galega Docuten pecha unha rolda de financiamento dun millón e medio de euros
mércores, 15 de xaneiro do 2020- Equipo de Docuten na Coruña
Docuten, empresa que
promove a dixitalización dos procesos administrativos a través dos servizos de sinatura
dixital, factura electrónica e automatización de cobros, pechou unha rolda de
financiamento de un millón e medio de euros.
GoHub Ventures, o corporate venturing de Global
Omnium liderou a rolda con 500.000 euros, e os fondos Neocapital e Ultramar,
xestionados por Torsa Capital, participaron con 350.000 euros e 150.000 euros
respectivamente. Este millóns de euros complétase con 500.000 euros de investimento
financeiro.
Grazas a esta inxección de capital, Docuten, con sedes en A
Coruña, Madrid e Londres, poderá seguir mellorando o seu produto e profundar na
súa estratexia de expansión internacional, especialmente no mercado europeo.
Para elo, será necesario aumentar o capital humano, ampliando o seu cadro de
persoal ao longo do novo exercicio nun 60% como mÃnimo.
Declaracións de Brais Méndez, director xeral de Docuten, sobre a nova rolda de financiamento