
O importe da licitación da primeira fase ascende a 360.000 dólares. “A nosa división internacional”, informa a firma santiaguesa, “sitúase con esta adxudicación en disposición de abordar as seguintes oito fases do proxecto”.
Por certo que a adxudicación deste proxecto realizouse en competencia con empresas españolas e internacionais e, en palabras da firma con sede en Santiago, “supón un fito na internacionalización de Ednon en Latinoamérica”. Pedro Toledano, responsable de Ednon International, manifestou a súa satisfacción pola confianza depositada nos profesionais e nosa tecnoloxía da compañía que representa e engadiu que “a través desta adxudicación pódese amosar a nosa experiencia nas áreas de redes e comunicación e facer medrar aínda máis nosa estrutura empresarial en Centroamérica, acometendo outros proxectos nos que Ednon está a traballar na súa licitación”. 
Lembrar que o Consorcio Construcións Hospitalarias (formado por FCC Construción e FCC Construción de Centroamérica) adxudicouse a obra de construción da Cidade Hospitalaria Ricardo Martinelli en Panamá por 587 millóns de dólares. As instalacións sanitarias terán unha superficie construída de 209.000 metros cadrados e disporá de 49 quirófanos e 1.709 camas. Este megaproxecto da Caixa de Seguro Social (organismo equivalente á Seguridade Social española) terá a capacidade de ofrecer servizos de atención a máis de tres millóns de usuarios.
Polo que atinxe a Ednon, dicir que é unha empresa galega especializada na integración de servizos avanzados TIC. Fundada no ano 2004, e de capital privado independente, opera en todo o territorio español a través das súas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid e no eido xeográfico Latam&Caribe a través da súa filial Ednon International, S.A. localizada en Panamá.
A galega Ednon achegará infraestrutura tecnolóxica nun megahospital de Panamá
Compartir Este Artigo
