A galega Optare reforzará os sistemas da operadora Finetwork ante o seu rápido espallamento
mércores, 22 de decembro do 2021
Finetwork,
operador de telefonía móbil e fibra para todo o territorio estatal,
con sedes en Madrid e Alacante, vén de encomendar á empresa galega
Optare Solutions a optimización dos seus sistemas, un proceso
que permitirá mellorar a calidade do servizo aos clientes “en todo
o seu ciclo de vida”. Finetwork é unha das operadoras de meirande
proxección actual, cunha taxa recente de máis de 4.500 novos
clientes de alta ao día, o que supón un gran desafío “a nivel de
infraestrutura, sistemas e procesos”. Neste punto é onde entra en
xogo a empresa galega.
Finetwork
seleccionou a Optare Solutions como socio estratéxico para a análise
e mellora da súa arquitectura de sistemas e procesos. Buscábase
unha empresa con experiencia e coñecemento acumulado con capacidade
para apoiar a unha operadora en fase de crecemento exponencial e
rápido espallamento, como é o caso de Finetwork, que conta xa con
máis de 700.000 usuarios.
Optare
achegará á operadora “calidade do servizo ao cliente final e
solucións coa capacidade de escalar en función das necesidades dos
nosos socios”.
Manuel
Hernandez, director de Finetwork explicou que “non buscamos
provedores, senón socios que nos acompañen no noso camiño de
crecemento”. E engadiu: “Optare Solutions ten o coñecemento de
mercado e a experiencia, e o seu compromiso cos nosos obxectivos
dános a confianza que esiximos”.
O
director executivo de Optare Solutions, Luis Alvarez Sestelo
considera a Finetwork como “un cliente próximo, con moita
ambición, co que é un pracer colaborar. O seu compromiso cos
clientes é similar ao noso e por iso encaixamos moi ben desde o
primeiro día”. Segundo lembra o CEO da empresa galega, Optare
Solutions dispón de vinte anos de experiencia dando servizo a
algunhas das principais operadoras de telecomunicacións do mundo:
“Con máis de 140 empregados e presenza nacional e internacional, a
nosa é hoxe unha das consultoras do ámbito IT máis relevantes no
sector das telecomunicacións en España, prestando servizos de
consultoría, integración e desenvolvemento de sistemas de soporte á
operación e ao negocio”.