A galega Sateliun impulsa o carsharing a través das novas tecnoloxías

xoves, 10 de febreiro do 2022 Anxo Sesto

Satelium Sharing é a nova aposta da empresa galega Sateliun. Tras máis de 17 anos moitos anos ofrecendo servizos de control de flotas e xeolocalización de automóbiles, dan o paso cara o carsharing. Este sistema baséase no aluguer flexíbel de vehículos no que destacan dous conceptos chave: un aluguer por horas e 100% dixital.
A través deste sistema e empregando unha aplicación móbil, a compañía afirma que o usuario pode consultar a flota dispoñíbel ao seu arredor e escoller o vehículo (coches, motos, bicis…), data e hora da reserva, xestionar o pago, etc.
Este servizo atópase nas súas primeiras fases de lanzamento pero ao tratarse dunha plataforma aberta, permitirá integrar outras tecnoloxías e servizos. Este é o motivo principal de que algunhas empresas como os concesionarios cun amplo estocaxe de vehículos, o consideren como unha boa alternativa aos seus modelos de negocio e barallen poñer as súas flotas a disposición desta modalidade.
Engadido a isto, como consecuencia da crise do COVID-19 e da falta de chips, o aumento nas restricións gobernamentais no ámbito da contaminación e ás dificultades económicas dos mozos e mozas para adquirir un vehículo, este modelo de aluguer preséntase como innovador e versátil no eido da mobilidade.

PUBLICIDADE