A galega SetPay inicia operacións en Portugal
luns, 16 de novembro do 2015
SetPay
inicia operacións en Portugal ofrecendo un servizo único e novo de TPV
móbiles no paÃs, sen cotas mensuais e que ademais de permitir cobrar con
tarxeta en calquera localización, acepta pagos da rede Multibanco, VISA e
Mastercard. O lector é tan pequeno como unha calculadora e para usalo tan só se
necesita unha aplicación para móbil ou tableta e conexión a Internet. Ademais
non ten nin penalizacións por baixa facturación, nin permanencia, xa que só se cobra
unha comisión do 1,69% ao 2,69% por cada uso, unha formulación que revoluciona
radicalmente os estándares no paÃs, beneficiando a pequenas empresas e
autónomos.
Este TPV móbil supón abrir as portas de numerosos
establecementos e negocios ao pago con tarxeta internacional en Portugal, xa
que en moitos casos están limitados a transaccións con bancos nacionais e a
altas cotas fixas. As condicións supoñen, asà mesmo, un gran paso adiante á
hora de aforrar custos se comparamos as condicións de servizo coas das
entidades que ata o momento ofrecen TPV na república.
O datáfono de SetPay conta con todos os sistemas e
protocolos necesarios para garantir pagamentos seguros 100% tanto para o
cliente como para a empresa ou profesional e dispón dunha aplicación que
permite realizar reembolsos ou enviar vÃa e-mail a factura.