A nova cámara instantánea de Fujifilm estrea un Motion Mode
mércores, 26 de setembro do 2018
Esta
semana, aproveitando a celebración da Photokina,
Fujifilm deu conta de numerosas novidades en cámaras dixitais, pero unha das
que captou maior atención non foi precisamente a máis avanzada e innovadora,
senón a máis nostálxica, a Instax SQUARE SQ20,
unha cámara compatible coas pelÃculas cadradas Instax que chegará ao mercado en
dúas cores a partires do 20 de outubro, e que como grande novidade ten un Motion Mode, que permite que o usuario
poida rexistrar unha secuencia dun obxecto en movemento, e seleccionar asà logo
o mellor momento que quere transformar nunha fotografÃa instantánea, podendo
incluso editar lixeiramente a imaxe.
Temos asà que a SQ20 xa non é unha cámara instantánea básica como a SQ10, senón
que ao poder gardar até 15 segundos de vÃdeo pode asà rexistrar dun xeito máis
seguro grandes momentos que van máis aló do retrato, como nenos ou mascotas
xogando, para asà preservar a instantánea para a posteridade.
O vÃdeo tamén pode aproveitarse para xerar un efecto de secuencia que dota de dinamismo ás imaxes (que presentarÃan certa
imaxe pantasma do movemento), permitirÃa tamén facer composicións con 4 imaxes
nunha marxe de tempo reducida (o que a algúns lembraralles ao que a xente facÃa
habitualmente a tirar varias fotos seguidas nun fotomatón) e incluso permitirá
facer composicións irregulares de varias fotografÃas.
Esta cámara tamén serÃa a primeira da súa serie en incluÃr función de zoom de
até 4x. Aparte das pelÃculas, a cámara tamén garda as imaxes en tarxetas de memoria,
o que facilita aproveitar a experiencia retro
do seu uso coa publicación posterior das imaxes en redes sociais ou,
simplemente, a súa preservación en formato dixital, aÃnda que cunha resolución
bastante pobre (1920 x 1920 pÃxeles).
- A cámara conta con novas posibilidades creativas