A nova discográfica de Justin Timberlake ficha a unha estrela de YouTube

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Tennman Records, discográfica de Justin Timberlake, contratou á cantante holandesa de 18 anos Esmée Denters tras vela en YouTube, xa que a moza é todo un éxito no servizo de vídeo de Google con preto de 4 millóns de visualizacións dos seus clips.
Deste xeito, o selo musical fundado por Timberlake fai a súa primeira fichaxe, e a estrea nos escenarios da nova cantante será acompañando ó ex-compoñente dos NSYNC na súa xira europea de concertos.
Esmée Denters se fixera popular versionando cancións de Beyonce, Alanis Morrisette e Alicia Keys en YouTube, valéndose unicamente dunha webcam para tal labor, e afirman que xa se viron os seus vídeos 21 millóns de veces, polo que poderiamos estar ante o nacemento dunha nova estrela nacida na Rede.
Podemos ver un exemplo das súas interpretacións musicais: