A nova xeración de R amplía a súa cobertura en Abegondo con 127 novos inmóbeis

martes, 18 de maio do 2021 Pedro Pérez

O concello de Abegondo nunha imaxe de Caminoingles.gal

Os habitantes dos núcleos de Penedo e Cancelada, no municipio coruñés de Abegondo, dispoñen xa de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps simétricos, logo da chegada á zona das redes de nova xeración de R.
Un total de 127 fogares e negocios quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet e televisión dixital multicanle de R logo de que o operador galego rematara as tarefas de despregadura en Abegondo. Así, estes novos fogares súmanse ás 124 vivendas e empresas do núcleo de San Marcos que xa dispoñían de R, e os 1.074 inmóbeis máis que se prevé que a operadora galega vai a incorporar ao longo do 2021. En total, Abegondo podería comezar en 2022 cun total de 1.325 empresas e residencias con acceso ás redes de R.
Esta iniciativa enmárcase nun dos tres proxectos (10M €) do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital do que R resultou adxudicataria en 2018. A despregadura en Abegondo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo), cun investimento total de 2,6M €. Doutra banda atópase un segundo proxecto para a despregadura de banda ancha en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo), cun investimento de 3,58M €. Por último, 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra) veranse favorecidos polo plan, que suporá un investimento total de 3,75M €.
Deste xeito, arredor de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R. Todas as localidades incluídas no Plan Avanza R poderán desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Ademais, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde arredor de 130.000 puntos de rede wificlientes R espallados pola xeografía galega.

PUBLICIDADE