A pianista Sofía Novoa protagoniza este martes 26 o último podcast de Aquí faltan páxinas
martes, 26 de decembro do 2023
A
vida de Sofía Novoa Ortiz protagoniza neste mes de decembro o último
faladoiro do programa da Deputación de Pontevedra Aquí
faltan páxinas. Este ciclo de relatos sonoros e conferencias
achegados en formato podcast naceu da colaboración da institución
provincial coa firma O Cable Inglés para dar a coñecer a
traxectoria de mulleres galegas extraordinarias relacionadas coa
provincia.
Este
martes 26 de decembro a Sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo da
Deputación acollerá a partir das 19:00 horas un faladoiro sobre a
traxectoria desta pianista e pedagoga que impartirá a pianista e
profesora de música Carmen Losada. No acto participará a deputada
provincial de Igualdade, Sandra Bastos.
Sofía
Novoa Ortiz (Vigo, 1902 – Madrid, 1987) foi unha brillante pianista
e pedagoga que conviviu coa xeración do 27. Tras vivir en Madrid,
concretamente na Residencia de Señoritas, unha institución que se
encargaba de fomentar a renovación pedagóxica e científica en
España no primeiro terzo do século XX, exiliouse en Estados Unidos
debido á guerra, onde logrou alcanzar o éxito que lle fora negado
na súa terra. Ao outro lado do Atlántico deu clase de español na
Universidade de Columbia, asentándose definitivamente no prestixioso
Vassar College, onde chegou a ser docente de Jacqueline Kennedy, e
onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de
Literatura e Cultura Española.
O
faladoiro está a cargo de Carmen Losada Gallego, pianista e
profesora de música no Instituto Giner de los Ríos de Lisboa.
Doutorada en 2016 pola Universidade de Santiago de Compostela coa
tese Mulleres pianistas en Vigo. Do salón aristocrático á Idade
de Prata (1857-1936) Sofía Novoa. Nela estuda, por vez primeira
en Galicia, a aparición de mulleres pianistas e o seu encaixe na
sociedade burguesa de Vigo, desde Carolina Graña ata Sofía Novoa ou
América Otero.
Ademais
da conferencia, a historia da de Sofía Novoa estará tamén
dispoñíbel a partir do martes no podcast de Aquí
faltan páxinas (nas principais plataformas de streaming
e no sitio web da institución provincial) e figura xa no roteiro
virtual que se centra en Vigo e no Morrazo como lugares clave da
provincia da súa biografía. Comeza na rúa López de Neira, na que
naceu e viviu e onde, na que iniciou ademais a súa carreira musical.
O percorrido segue na Casa Mülder, na que a súa familia residiu
temporalmente para avanzar cara a Escola de Artes e Oficios, fundada
polo seu avó paterno e cuxo actual edificio é un encargo do
empresario e filántropo José García Barbón ao arquitecto francés
Michel Pacewicz. Despois trasládase a Moaña, concretamente á praia
do Con, na que pasaba as vacacións coa súa familia, e á casa dos
García Arenal, onde xogaba ao tenis e compartía tempo coa familia
de Fernando García Arenal. Finalmente, no Morrazo remata no panteón
familiar, concretamente no cemiterio municipal de Cangas, onde está
enterrada.
O
proxecto Aquí faltan páxinas, que chega ao seu fin coa
figura da pedagoga e pianista viguesa, é unha antoloxía de 12
podcasts, un por cada mes deste 2023, para pór en valor os logros de
María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo,
Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina
Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía