A plataforma de podcasting Mumbler pechará en setembro
mércores, 20 de agosto do 2025
Conseguir tirar rendemento económico do podcasting foi sempre un reto, e para facilitar tal fin xurdiu hai uns anos a plataforma Mumbler, que ofrece aloxamento de podcasts e ferramentas de monetización, que van dende a posibilidade de crear podcasts de subscrición ata ofrecer métricas avanzadas, envÃo de boletÃns e ferramentas de e-mail marketing.
Mumbler conseguiu atraer a un bo número de creadores de podcasts, destacando o caso da rede de podcasts Emilcar FM, que é precisamente a que está a dar a coñecer publicamente unha mala nova: o peche de Mumbler o vindeiro 30 de setembro.
A compañÃa aÃnda non manifestou publicamente o seu cesamento de actividade, pero xa está a advertir aos seus usuarios, para que poidan realizar a migración dos seus podcasts a outras plataformas, o que normalmente é un proceso bastante complexo, especialmente nos casos que teñan asociadas subscricións de pagamento.
Ao parecer, o peche de Mumbler é consecuencia da falla de rendibilidade do proxecto que, pese a ter conseguido captar un bo número de creadores a nivel mundial, non mobilizou un volume de subscricións de pagamento significativo, principalmente polo feito de que os podcasts de pagamento están moi lonxe de ser algo habitual e de contar con subscricións masivas.
