A resposta háptica non funciona nas notificacións do novo iPhone SE
martes, 28 de abril do 2020
Agora
que o
novo iPhone SE chegou ás tendas vanse coñecendo detalles que non se deran a
coñecer publicamente durante a súa presentación, como a confirmación de que a
súa cámara é a do iPhone 8 actualizada por software (e non a do iPhone Xr como
insinuaran algúns medios) e un detalle bastante polémico: a función de resposta
háptica non funciona de xeito completo.
Apple introducira nos seus móbiles o 3D Touch, unha tecnoloxÃa que permitÃa
detectar a forza coa que se premÃa na pantalla, para que con pulsacións fortes
puidesen activarse certos atalos dun xeito semellante a como funciona o botón
dereito dun rato nun equipo informático, pero pouco a pouco foi substituÃndose
por pulsacións prolongadas con resposta vibratoria, o que supón un aforro en
compoñentes e espazo nos dispositivos, pero que no caso do iPhone SE sorprende
porque esta resposta háptica non está dispoñible nas notificacións, carencia
denunciada por múltiples usuarios e confirmada polo servizo técnico de Apple.
De feito, incluso o editor xefe de
TechCrunch confirmou que este comportamento do iPhone SE non é un fallo,
senón que trátase dalgo intencionado, o que semella un simple recorte de
prestacións ao estarmos ante un modelo de móbil máis barato, e que non atende a
ningún motivo técnico.
Quedan usuarios que confÃan en que o rebumbio que está a provocar isto leve a
Apple a publicar unha actualización para activar a resposta háptica nas notificacións,
aÃnda que cómpre advertir que iso poderÃa non ser asÃ, xa que existe un xeito
alternativo de suplir tal carencia: é posible deslizar ás notificacións á
esquerda e premer na opción de ver para conseguir o mesmo resultado que unha pulsación
prolongada.
