A revista en liña Foeminas celebra o seu aniversario nun número especial
martes, 2 de decembro do 2008
A Revista Virtual de Xénero Foeminas
vén de editar xa o seu número 31, no que, celebrando o seu terceiro aniversario
e conmemorando o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as
Mulleres, achega un completo reportaxe sobre as VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, que se enmarcan no I Plan de Igualdade de Oportunidades
de Lugo.
A publicación en
liña, que edita a Concellaría de Muller e Servizos Sociais de Lugo, tamén
achega diversos artigos de actualidade como a primeira parte da vida da pintora
Maruja Mallo ou a crítica do libro de poemas Esencia de Trementina, de Cristina Corral Soilán, realizada por
Esperanza Robles.
Na sección
habitual Contemporáne@ dedícase un
apartado especial á frautista galega Alicia Val Lasanta así como unha
entrevista á recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo Sequeiros, quen acaba de
recibir un premio polo seu traballo.
Outros contidos
habituais da publicación virtual que se poden volver a gozar neste último número
son Viaxeiras, Foeminas panorámica,
Mullerecetario e Noticias “con novas e renovadas achegas”.
