A segunda edición de Altia Premia TFG ETSE xa ten gañador

xoves, 15 de abril do 2021 S. P.

O xurado da segunda edición do galardón Altia Premia TFG da ETSE, composto por profesionais de Altia e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, vén de seleccionar finalmente ao gañador do certame. Trátase de Martín Aller Domínguez, que se fixo co premio grazas ao seu seu traballo fin de grao titulado Sistema para a reconstrución de tomografías de impedancia eléctrica en tempo real, baseado en técnicas de Machine Learning. Foi distinguido cunha contía 1.500 euros, despois de que o catro finalistas presentasen os seus TFG o 9 de abril de 2021 no salón de actos da ETSE.
Altia e a Escola felicitaron a todos os finalistas (Raquel Rodríguez Vilas, José Antonio Cutrín Garabal e Javier Val Barbeira) pola “altísima calidade dos seus traballos”. O premio será entregado este mesmo 15 de abril.
Altia Premia TFG ETSE é unha iniciativa conxunta de Altia e a ETSE que naceu co obxectivo de recompensar o talento, a paixón e o esforzo dos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE