A serie en galego Auga Seca chega a HBO

mércores, 1 de abril do 2020 Marcus Fernández

Dende hoxe HBO ten no seu catálogo español e portugués a serie de ficción de 6 capítulos Auga Seca, producida por Portocabo e SPi para a TVG e a RTP, converténdose na primeira serie que pode verse en galego na HBO, sendo tamén posible reproducir a serie tamén dobrada ao español e con subtítulos en español e inglés.
Auga Seca é un thriller que xira ao redor do tráfico de armas e destacou por gravarse orixinalmente en galego e portugués entre Vigo e Lisboa.

Auga Seca pode verse a través de HBO España e HBO Portugal

Está dirixida por Toño López, e entre os seus protagonistas conta con actores galegos moi recoñecidos como Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, así como coa actriz portuguesa Victoria Guerra.
Estamos ante a segunda serie en galego en dar o salto a plataformas dixitais, sendo a primeira O Sabor das Margaridas, que hai un ano estreouse en Netflix con grande éxito internacional.

PUBLICIDADE