A sinatura dixital de Docuten funcionará dentro do ERP de Microsoft
luns, 27 de xaneiro do 2020
Innova como Microsoft
ISV Development Center e provedor especializado de solucións
e servizos de Microsoft Dynamics, e Docuten como especialista en sinatura
electrónica con clientes do calibre de Desigual, Louis Vuitton, Estrella Galicia ou Cabify, acaban de asinar un acordo para crear
e comercializar a aplicación Docuten eSign para Microsoft Dynamics 365 Business Central e as súas
versións anteriores.
O obxectivo é desenvolver Docuten eSign, unha nova aplicación
para a incorporación da sinatura dixital de Docuten dentro de Microsoft Dynamics. Esta aplicación contará con dous módulos independentes, o conector de Innova e a plataforma Docuten, aínda que se comercializará de forma
conxunta baixo o nome de Docuten eSign.
Á vez que se crea o conector de Docuten a Business
Central, Innova comezará a distribuír en exclusiva a ferramenta en España e
Portugal, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Francia, Dinamarca, Estados Unidos e
Canadá a través da súa canle de distribución, composto polo ecosistema de Partners de Microsoft incluíndo aos
principais CSP. Ademais, estará
dispoñible en Microsoft Appsource con
opción de proba de balde. A distribución da ferramenta fortalece en gran medida
a estratexia de internacionalización de Docuten.
Brais Méndez, CEO
de Docuten, destaca a simplificación
para os usuarios do ERP que supón a integración directa de Docuten dentro de Microsoft Dynamics Business Central. E Ignacio Sainz de
Varanda, CEO de Innova, ve este acordo
como unha excelente oportunidade de ofrecer un sistema de firma electrónica
avanzado á súa canle de distribución e desta forma poñelo ao dispor de todos os
clientes de Microsoft Dynamics Business
Central a nivel mundial.