Que o IVE para os libros electrónicos baixa, que logo resulta manterse e que finalmente se dispara. Esta é máis ou menos a historia recente dos impostos ligados ao formato do e-book, unha historia que non semella ter moita coherencia (sobre todo cando o anterior Goberno incumpriu a promesa de baixar as taxas) e que agora chega a un novo chanzo-estocada coa subida xeral do IVE que se nos vén enriba e que vai levar por diante unha arela ben clara do sector editorial: a de acadar, a través de libros electrónicos a prezo accesible, o acceso da cidadanía a novos formatos de lectura e unha certa compensación á crise e ao baleiro crecente de axudas públicas.
Dito doutro xeito: a suba ao 21% do IVE tamén vai afectar ao e-book dende o 1 de setembro, polo que cómpre que nos vaiamos esquecendo de pagar menos de dez euros por cada libro neste novo formato (cousa que viña moi ben para todos aqueles lectores e lectoras que non queren ou non poden asumir pagar os 20 euros de prezo medio que soe valer unha novidade en feitura física).
A suba do IVE pon en perigo o medre dos libros electrónicos
Compartir Este Artigo
