A suspensión de Trump en Facebook limitarase a 2 anos
venres, 4 de xuño do 2021
A
violación reiterada e grave das normas de distintas plataformas sociais por
parte de Donald J. Trump levou a que fose expulsado de todas elas de xeito case
simultáneo, e agora que a situación está normalizada, dende Facebook quixeron
reflexionar sobre o tema e ver se poden permitir que o expresidente volva a
Facebook e Instagram.
Finalmente a comisión encargada destes asuntos decidiu que a suspensión de
Trump non será indefinida, senón que limitarase
a 2 anos, sempre que se cumpran as condicións que faciliten o seu regreso, o
que parece unha decisión bastante covarde que busca evitar reclamacións de cara
á vindeira carreira pola presidencia dos EE.UU.
No posible retorno de Trump a Facebook e Instagram haberÃa un perÃodo de
especial vixilancia na que, de reincidir nas súas infraccións ás normas de Facebook
terÃa que enfrontarse a unha suspensión indefinida.