A tecnolóxica Seresco candidata aos premios European Small & MidCap
venres, 31 de maio do 2024
Os premios European Small & Mid-Cap xa teñen candidaturas que foron presentadas pola Bolsa e Mercados Españois, máis coñecido como BME Growth, os elixidos foron: Seresco, Greening, Revenga Smart Solutions e Cox Energy. Engadir que con motivo da celebración do foro Medcap, Seresco, a tecnolóxica decana en España, que ten en Vigo unha das súas sedes principais, foi elixida para participar na categorÃa Rising Star.
Dicir que estes premios foron creados no ano 2013 pola Comisión Europea, EuropeanIssuers e a Federación Europea de Bolsas co obxectivo de promover as boas prácticas das pequenas e medianas empresas.
Seresco deu o salto ao BME Growth en decembro do 2022 e dende ese intre a súa traxectoria medrou de xeito considerábel. Seresco anunciou en abril os seus resultados para o exercicio fiscal 2023, onde obtivo unha facturación de millóns e uns beneficios de 2,1 millóns de euros. Estes ingresos supoñen un aumento respecto da cifra o exercicio pasado do 23%. Ademais, o EBITDA axustado aumentou un 21%, até os 5 millóns de euros. Con estes resultados a compañÃa encarrila o seu obxectivo de facturar 68,3 millóns no 2025.
Nesta liña de crecemento, o servizo de análise independente do Instituto Español de Analistas apoiado por BME publicou hai uns dÃas o seu informe anual no que dá cobertura a 35 Small & Micro Caps do mercado español.