A unidade de HD DVD para Xbox 360 poderÃa funcionar en ordenadores persoais
xoves, 19 de outubro do 2006
En novembro chegará ó mercado o reprodutor externo de HD DVD para Xbox 360, pero responsables europeos de Microsoft recoñeceron a unha publicación xermana que o periférico se poderá conectar a un PC mediante un cable USB, aÃnda que Microsoft no publicará o controlador correspondente para o dispositivo.
Esta nova pode ser moi interesante para tódolos usuarios que queiran achegar unidades de disco de alta definición para o seu ordenador, xa que o dispositivo para Xbox 360 custará 200 euros, fronte ós 700 euros que pode custar unha unidade feita especificamente para PC.
Ó non existir un controlador para a nova unidade, ó conectarse a un PC só funcionarÃa coma reprodutor de DVD, pero agárdase que en breve aparezan controladores non oficiais para esta unidade para a reprodución de discos HD DVD, que mellora asà o seu atractivo (por funcionar tanto na consola coma no ordenador).