A viguesa Galvintec loce novas solucións de ecommerce e eSports no MWC
luns, 26 de febreiro do 2024
Dende hoxe, e ata o 29 de febreiro, Barcelona acolle a Mobile World Congress (MWC24), a feira mundial máis relevante no sector da comunicación móbil, o sector dixital e a conectividade. Alà estará Galvintec, a compañÃa TIC con sede en Vigo que forma parte do Grupo Alvariño, seleccionada por Red.es para estar presente no Pavillón de España do MWC 24. Galvintec aproveitará o encontro para amosar dous desenvolvementos punteiros: Moodular, unha plataforma 4.0 para a xestión integral do e-commerce, e Duel, unha plataforma cloud para a organización e xestión de torneos de eSports.
Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, seleccionou a esta empresa viguesa entre o grupo das 45 pemes tecnolóxicas nacionais máis innovadoras, que integran o Pavillón español no MWC 24.
Indo ao miolo, Galvintec vén de crear Moodular, unha solución para o comercio electrónico. Un produto que permite dar resposta aos maiores desafÃos do comercio na canle online, asà como a súa integración co comercio fÃsico, que deben ser xestionados de maneira eficiente para garantir o éxito do negocio: a boa xestión do inventario, a sincronización cos marketplaces, a xestión dos pedidos e pagos en tempo real, e a optimización da loxÃstica. Moodular é unha plataforma baseada na nube que inclúe solucións ecommerce nativas, módulos especÃficos para a sincronización cos marketplaces e unha solución de Software de Xestión de Almacéns (SGA) de última xeración para a optimización da loxÃstica. Con Moodular, desde unha única plataforma as empresas poden comercializar en múltiples canles (web propia ou marketplaces), chegando a un público máis amplo e aumentando asà a visibilidade dos seus produtos e as súas posibilidades de venda. Desde esta ferramenta, tamén poden acceder a toda a información en tempo real, como o estado dos pedidos, as métrica de vendas e a xestión do inventario. Moodular tamén facilita a xestión loxÃstica ao integrarse coas principais compañÃas operadoras do transporte, ofrecendo á empresa a visibilidade completa dos seus envÃos, permitindo a vixilancia permanente do envÃo ou a devolución e o seguimento en tempo real.