A web de Autoxuga achega un estudo sobre riscos nas estradas e sitúa ó exceso de sinais como causa de sinistros
venres, 9 de novembro do 2007
O exceso de información pode provocar ignorancia e ter o mesmo resultado ca a ausencia dela, deixándonos no medio dun estupor xeralizado e sen saber cara a onde movernos ou cómo reaccionar. Isto podémolo ver case todos os dÃas nas nosas sesións na Rede: como non discriminemos que é o que de verdade nos importa, corremos o risco de ler por ler, como cando pasamos de escoitar a simplemente ouvir perante unha persoa que fala moito.
O caso é que isto que vale para as autoestradas da información vale tamén para as de asfalto, tal e como se reflicte nun estudo presentado recentemente na Web pola consultora Autoxuga Movil de Rianxo e que nos vén de sinalar Vicente Amigo, do sitio Autochovil. Segundo esta investigación (ofrecida con todo tipo de detalles na web de Autoxuga, que, por certo, é abondo completa en estatÃsticas semellantes), nas nosas estradas hai exceso de sinais, asà de sinxelo (de feito, hai catro veces ca en Alemaña), o que está a desencadear dende hai anos o efecto contrario do procurado.
É dicir, que en troques de servir de axuda á condución, os sinais de tráfico (e máis polo miúdo o seu exceso) están a minar as capacidades de memorización e o procesado de datos dos condutores, causándolles disonancias e, en consecuencia, estados de tensión de carácter visual-emocional. Dito doutra maneira: a sobrecarga de información nas estradas achega cambios de conduta e desacougo, facendo que o proceso da condución se converta en algo perigoso e inseguro.
Na web de Autoxuga tamén se critica a arela recadatoria da administración e o escaso compromiso desta coa redución dos gases que contaminan o aire e son os principais responsables do cambio climático. Tampouco se ceiban da queima os radares fixos e móbiles, xa que Autoxuga considera que responden á recadación de cartos e pouco máis.
