ABANCA lanza app para permitir ás empresas asinaren operacións desde o seu móbil

venres, 28 de abril do 2017 Redacción

ABANCA vén de achegar unha nova ferramenta para móbiles ques e encamiña a facer máis doadas as operacións bancarias e financeiras máis cotiás dunha empresa. A aplicación ABANCA. Firma Empresas está dispoñíbel para terminais con sistemas operativos Android e iOS. Entre outras vantaxes, permiten axilizar os trámites aos apoderados nas contas de persoas xurídicas ou nas que se requiren varias sinaturas. Tamén permite, nesta súa primeira versión, facer xestións de uso común como transferencias, remesas de ficheiros (recibos domiciliados, nóminas ou transferencias) ou devolucións de recibos.
A app, que está abeirada á estratexia de ABANCA para facilitar os cobros e pagos a través da sinatura de operacións en mobilidade, amplía a familia de solucións coas que xa conta ABANCA nos smartphones. A ferramenta, ademais, replica a caixa de correos de operacións pendentes de sinatura, arestora dispoñíbel na banca electrónica empresas. “Este desenvolvemento”, explica a entidade financeira galega, “permite aos apoderados dar luz verde a operacións xeradas previamente na versión para ordenadores e que requiren a súa autorización”.

PUBLICIDADE