AGACA organiza este martes unha xornada online sobre dixitalización nas cooperativas hortÃcolas
luns, 15 de decembro do 2025
AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza o vindeiro martes, 16 de decembro, a Xornada de dixitalización nas cooperativas hortÃcolas no marco da Rede Eusumo. Será unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxÃas avanzadas con aplicación no sector.
A actividade está dirixida a socios e socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economÃa social e profesionais da produción agraria, persoal técnico, de investigación, estudantado e público en xeral interesado na modernización, optimización e competitividade no ámbito hortÃcola.
A inscrición é gratuÃta e celebrarase en modalidade online.
Ao longo da mañá, abordarán as tecnoloxÃas máis relevantes, como a automatización, a sensórica IoT, intelixencia artificial ou sistemas de comunicación, e presentaranse casos reais de implantación, asà como un obradoiro práctico sobre solucións comerciais dispoñibles no mercado.
Programa
-9:30 – 9:45 h Presentación da xornada
Higinio Mougán, director xerente de AGACA
-9:45 – 10:05 h Introdución á dixitalización e ás tecnoloxÃas avanzadas no sector hortÃcola: de que falamos, por que e para que
Carlos Castro, DIH DATAlife
10:05 – 11:35 h Inmersión nas tecnoloxÃas avanzadas clave no sector hortÃcola: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridade e blockchain, realidade estendida e integración e aproveitamento da información
Carlos Castro, DIH DATAlife
-11:35 – 11:50 h Pausa
-11:50 – 12:20 h Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxÃas avanzadas clave
Carlos Castro, DIH DATAlife
-12:20 – 12:50 h Casos de éxito de implantacións de tecnoloxÃas disruptivas
Carlos Castro, DIH DATAlife
-12:50 – 13:50 h Obradoiro práctico en tecnoloxÃas comerciais
Carlos Castro, DIH DATAlife
-13:50 – 14:10 h Servizos de apoio EDIH DATAlife
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:10 – 14:30 h Dúbidas, preguntas e respostas
Carlos Castro, DIH DATAlife
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola SecretarÃa Xeral de Emprego e Relacións Laborais da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economÃa social, co financiamento do Ministerio de Traballo e EconomÃa Social.
