AJE Ferrolterra cita ás PEME locais para axudalas co novo regulamento de datos
mércores, 3 de outubro do 2018
A
Asociación de Empresarios Novos de Ferrolterra (AJE
Ferrolterra) organiza este 10 de outubro unha cita para
clarificar conceptos arredor do novo marco legal europeo relativo á
salvagarda da información e o dereito á intimidade en materia de
plataformas e redes dixitais. A xornada informativa sobre a nova Lei
Oficial de Protección de Datos celebrarase no local da asociación
(número 8 e 9 do Cantón de Molíns) a partir das 20.00 horas, e é
de especial interese para todo tipo de profesionais e de
traballadores por conta propia, empresas e mesmo para asociacións e
entidades de diversa índole.
Segundo
informa AJE Ferrolterra, con esta xornada preténdese “analizar as
novidades e obrigas que implica o novo regulamento para as PEME e
autónomos, axudándolles a evitar sancións”. Na sesión
explicarase ás empresas os principais cambios na normativa, debido á
entrada en vigor o día 25 de maio de 2018 do Regulamento Europeo e
guiaráselles no proceso de implantación e/ou adaptación, indicando
o que deben facer para poder adaptarse. O aforamento é limitado,
polo que é obrigatorio realizar a inscrición no teléfono 981 333
322 ou no a través do correo electrónico info@ajeferrolterra.org
(prioridade de praza para asociados).
