ATRIGA a e o Instituto de Estudos do Territorio poñen en marcha o visor de bens inmóbeis

martes, 1 de xuño do 2021 Sandra Rivadulla

A Axencia Tributaria de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio poñen en marcha o visor de bens inmóbeis, co obxectivo de facilitar á poboación a valoración web de parcelas catastrais.
Este visor poderá ser empregado de xeito gratuíto por calquera cidadán. De feito, o ano pasado realizáronse un total de 288.811 valoracións de bens por Internet.
Así, a finalidade deste visor será poder consultar e obter toda a información relacionada cos valores dos bens inmobles. Isto permite representar xeograficamente unha ou varias referencias catastrais sobre múltiples capas de información territorial útiles para realizar unha correcta valoración.
As persoas interesadas en consultar o novo visor poden acceder a través da súa páxina web.

PUBLICIDADE