Abengoa muda os seus datacenters á nube
xoves, 20 de xullo do 2017
A
multinacional enerxética Abengoa vén de dar un grande paso no que respecta ás
súas infraestruturas tecnolóxicas ao desfacerse dos seus datacenters corporativos migrando
as súas funcionalidades á nube de Microsoft Azure de xeito que adoptan asÃ
unha nova estratexia cloud-only que poderÃa
supor unha redución do 52% nos seus custos de partidas operativas mantendo os
niveis de servizo e dispoñibilidade axeitados.
Abengoa pasou asà dunha estratexia de cloud-first
a unha de cloud-only, para o que
adoptaron un escenario multi-cloud no
que elixiron a Microsoft como plataforma preferente pola eficiencia de custos a
curto prazo e as integracións cos demais produtos xa implantados na compañÃa.
Entre as vantaxes da migración a Azure está a transformación de custos fixos en
variables, xa que os custos evolucionan en función do uso dado á plataforma, o
que supón un importante aforro. A nivel de seguridade tamén é moi interesante
gozar do ecosistema de solucións de seguridade de Microsoft, asà como en
protección, contando agora coa posibilidade de facer copias de seguridade de
todas as máquinas virtuais e con opcións de recuperación de desastres máis
asumibles que no seu formato tradicional.