Ábrese a beta de Swype para Android

xoves, 17 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os teclado virtuais en pantallas táctiles son todo un reto para os seus desenvolvedores, pois teñen que realizar numerosas comprobacións do comportamento do usuario para interpretar o que intenta escribir premendo na pantalla coma se estivésemos ante un teclado físico, pero este paradigma pode mudar lixeiramente, e ao igual que nos móbiles básico existe a tecnoloxía de texto preditivo T9, para os teclados virtuais temos Swype, solución que consiste en interpretar os movementos dun dedo sobre o teclado virtual se ter que erguelo entre letra e letra, o que consegue unha velocidade de introdución de texto nun terminal móbil sen precedentes, polo que non sorprende que moitos terminais comecen a adaptar esta tecnoloxía e, dende hoxe mesmo, os usuarios de Android poden, por tempo limitado, entrar na fase de probas de Swype para este sistema operativo móbil, configurando o teclado do seu móbil para empregar este áxil sistema de entrada de texto, que compite en popularidade co recoñecemento de voz (que é a tecnoloxía máis espectacular, pero cunha taxa de erros demasiado elevada).
Para acceder á beta de Swype hai que rexistrarse na súa web, para poder así probar esta tecnoloxía antes da súa incorporación final ao Android Market, aínda que xa hai terminais con Android coma o Samsung Galaxy S que inclúen esta tecnoloxía de serie.


Comparación entre un teclado con Swype e o teclado virtual do iPhone

PUBLICIDADE