Acer levará a súa primeira pantalla 3D ao CES

venres, 11 de decembro do 2009 Marcus Fernández

De cara ao CES de Las Vegas prepárase o monitor Acer GD245HQ 3D, que é unha pantalla de 24 polgadas con retroiluminación LED, cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, unha velocidade de refresco de 120 Hz, un tempo de resposta de 2 milisegundos, contraste 80:000:1, brillo de 300 cd/m2 e conectividade HDMI que será compatible coa tecnoloxía estereoscópica de nVIDIA, de xeito que utilizado en conxunto cunha tarxeta gráfica GeForce GT220 ou GT240 e lentes polarizadas permitirá a visualización de imaxes tridimensionais de boa parte dos xogos que hai no mercado do PC, aínda que tamén están a traballar para que en breve sexan compatibles coa tecnoloxía que levaría o 3D ás películas en Blu-ray, de xeito que facilitarán a chegada do cine tridimensional (con superproducións coma Avatar) ao fogar.

PUBLICIDADE