Acer presenta un novo ordenador de reducido tamaño
martes, 8 de xullo do 2008
Pensando en
ocupar pouco espazo, Acer lanzou unha nova serie de mini-ordenadores de
sobremesa, os Aspire
X1200, que en 26,9 x 9,9 x 31,5 centímetros encerra un equipo cun
procesador AMD de dobre núcleo, tarxeta de vídeo integrada nVIDIA GeForce 8200,
4 Gb de RAM, entre 320 e 500 Gb de disco duro, 2 PCIe libres, 9 portos USB,
FireWire, tomas frontais e traseiras de son, lector de tarxetas de memorias,
gravadora de DVD e saída de vídeo HDMI (válida para televisores de alta
definición).
Este
novo equipo parte dun prezo de 449,99 dólares, mentres que a súa
versión superior cun monitor de 22 polgadas custa só 699,99 dólares (os prezos
europeos aínda non están dispoñibles) o que supón unha atractiva oferta para un
equipo bastante elegante tanto coma Media Center de salón como para o seu uso
coma ordenador de escritorio.