Actualizan o software do Nokia 5800 XpressMusic

luns, 30 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O Nokia 5800 XpressMusic renóvase a través dunha actualización de balde do seu software, que mellora a velocidade de descarga de datos a través da Internet, a experiencia de uso do correo electrónico e incluso integra novas funcionalidades: a cámara secundaria poderá capturar imaxes fixas para videochamadas, permitirá a toma de fotografías a ráfagas, integra un dicionario móbil con tecnoloxía de voz a texto para 38 idiomas e un actualizador de aplicacións (facilitando a posta ao día do terminal).