Acusan a Binance de infrinxir a lexislación estadounidense
martes, 28 de marzo do 2023
Tras a
caÃda de Terra/Luna e a bancarrota de FTX, o mercado das criptomoedas entrou
nunha crise que ameaza con levar por diante ao seu axente máis importante, xa
que o intercambiador de criptomoedas Binance,
ten que enfrontarse agora á Comisión de Comercio de Futuros de Produtos Básicos,
que considera que Binance violou distintas normativas de mercado e finanzas.
A CFTC asegura que Binance non se rexistrou no organismo para poder desenvolver
a súa actividade de compra e venda de criptomoedas nos EE.UU., e Binance «non
supervisou axeitadamente as actividades e actuacións de Binance e, de feito,
facilitou activamente as violacións da lexislación estadounidense» chegando a
acusalos de ser cómplices de violacións da lexislación (instruÃndo aos usuarios
a empregar VPN para poder acceder á plataforma dende EE.UU.).
Binance non só está baixo a lupa da CFTC, senón que tamén a SEC (equivalente da
CNMV), o IRS (equivalente á Facenda) e varios fiscais federais estarÃan a
investigar as actividades de Binance, polo que parece que estamos a piques de
presenciar a caÃda dun xigante, que suporÃa un duro golpe para todo o sector cripto.
Cómpre salientar que Binance non é unha compañÃa especialmente respectuosa coas
lexislacións locais, e no caso español negouse a comparecer en causas contra a
compañÃa por estafa e apropiación indebida.