Adamo oferta fibra de 1.000 Mbps e móbil con 20 GB por dez euros ao mes

venres, 3 de novembro do 2023 S. P.

A operadora Adamo presentou as súas ofertas para este Black Friday 2023, que inclúe paquetes de fibra óptica móbil a 10 euros ao mes durante 7 meses (ata o verán). En palabras da empresa, “trátase dunha oferta dificilmente igualábel no conxunto do mercado de telecomunicacións e que inclúe, como é habitual no servizo da compañía, fibra óptica ultrarrápida, de ata 1.000 Mbps”.
Adamo contextualiza deste xeito a promoción: o prezo mensual de 41 euros que custa Internet de 1.000 Mbps para casa móbil con 20 GB sairía agora por 10 euros, e así durante 7 meses. “O aforro total durante este período sería de entre 217 e 329 euros”, sinala.
En función da modalidade do pack, das combinacións con fixo e móbil e os GB para este último, resulta a seguinte desagregación:
Para fibra de 1.000 Mb con móbil de 20 GB, 217 euros de rebaixa.
Para fibra de 1.000 Mb con móbil de 50 GB, 238 euros de desconto.
Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de GB ilimitados, 273 euros de rebaixa.
Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de 150 GB compartidos, 301 euros menos.
Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbil de 20 GB, 245 euros de recorte.
Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbil de 50 GB, 266 euros de baixada.
Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de gigas ilimitados, 301 euros de redución.
Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de 150 GB compartidos, 329 euros por baixo das tarifas normais.
A oferta polo Black Friday de Adamo estará dispoñíbel para novos clientes que contraten durante o mes de novembro coa cota de liña, o alto e a instalación sen custo adicional. A empresa explica tamén que esta campaña ficará activa en todas as canles de distribución do operador (en tendas físicas, no teléfono 1600, na web adamo.es, etc.) ata o próximo día 30.

PUBLICIDADE