Adamo pecha 2025 ofrecendo fibra e móbil gratis ata marzo e empezar a pagar en abril

martes, 30 de decembro do 2025 S. P.

Se polo Black Friday ofreceu contratar fibra e móbil e comezar a pagar en febreiro e con motivo do Nadal fixo o propio co horizonte un mes despois, agora a operadora Adamo, compañía de telecomunicacións con importante presenza no noso rural (especialmente en Lugo), expón os paquetes gratis ata marzo e realizar o primeiro abono en abril (a empresa cobra a mes vencido). Deste xeito, na práctica, os usuarios que se dean de alta ata o 1 de febreiro evitarán soltar un céntimo durante un trimestre, posto que marzo pagarase en abril, explicaron fontes da empresa.
Ademais, a oferta de Fin de Ano de Adamo mantén a outra gran vantaxe da promoción do Nadal, xa que inclúe Adamo TV Max sen custo ata o 15 de marzo. Este servizo de televisión á carta conta con máis de 130 canles para todos os gustos: cinema e series con WarnerTV ou TCM, un amplo catálogo de espazos infantís, todos os partidos da liga Hypermotion, 40 cadeas rexionais ou películas para adultos, entre outros contidos.
Amais, Adamo engade que “tanto a instalación como a cota de alta -o seu prezo habitual é de 12,10 euros- quedan integradas na promoción sen custo algún”.
Por outra banda, para aquelas persoas que queren a máxima velocidade e a mellor cobertura, Adamo dispón da tarifa Caaalma Total, que consta de fibra óptica de 1 Gb e datos sen límite por 39 euros.
Liña móbil extra por 1 euro
Neste pack é posible agregar unha segunda liña móbil por un prezo simbólico de 1 euro ao mes e fixo con chamadas ilimitadas por 6 euros. Así mesmo, para os novos clientes inclúe un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda.
Fibra de 400 Mbps e móbil con 25 GB por 29 euros
Mentres, para os que buscan un prezo económico, Adamo dispón da tarifa Caaalma, que, por 29 euros, ofrece fibra óptica de 400 Mbps para casa e móbil con 25 GB de datos. Ademais de incluír, como no caso anterior, Adamo TV Max sen custo ata o 15 de marzo. Se o usuario quere enriquecer o paquete, pode optar por aumentar a velocidade a 1 GB para o fogar ou contar con GB ilimitados para o móbil por 5 euros en cada caso.
Alivio para as familias
En último lugar, Andrés Oliva, director da Unidade de Negocio Retail, explica que “tras pasar o Nadal e a temible costa de xaneiro, dous períodos de esforzo económico para as familias, estas agradecerán empezar a pagar Internet e telefonía en abril. En Adamo somos conscientes diso, por ese motivo queremos poñérllelo doado aos novos clientes que se animen a contratar os nosos servizos ofrecéndolles todo un trimestre de marxe”, finaliza.