Adobe lanza oficialmente a versión 5 de Lightroom
luns, 10 de xuño do 2013
Adobe Systems anunciou hoxe o lanzamento do seu Photoshop
Lightroom 5 para Windows e OS X,
podendo xa adquirirse de xeito independente por 127,92 euros (72,57 euros de
actualizar dunha versión anterior) ou dentro de Adobe Creative Cloud, buscando
contribuÃr aos fluxos de traballo de fotógrafos profesionais e entusiastas que
queiran sacar o mellor das súas imaxes dixitais.
Lightroom 5 engade novas ferramentas e edición para axudar aos fotógrafos a
mellorar as súas imaxes dun xeito máis rápido, como un novo pincel corrector
avanzado (que corrixe defectos nas imaxes provocados por po ou peluxe ou borrar
algún obxecto), Upright (ferramenta para endereitar imaxes, detectando liñas
horizontais e verticais), degradado radial (para crear efectos de viñeta non
centrados)... Tamén facilita a creación de carruseis de imaxes en vÃdeo ou
incluso libros con fotografÃas, e tamén conta cun sistema de previsualización
de imaxes que permite xerar copias pequenas das imaxes de grande tamaño sobre
as que facer axustes que se aplicarán logo de xeito automático aos ficheiros
orixinais.
