Agatha Ruiz de la Prada decora o Vodafone Indie

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Vodafone porá á venda en outubro unha edición especial do seu terminal de telefonía móbil Vodafone Indie cunha carcasa deseñada por Agatha Ruiz de la Prada, á que acompañarán menús e iconas do móbil, para dar lugar a un terminal moi colorido e máis axeitado para un público feminino que busca un dispositivo diferente.
Este móbil conta cunha pantalla táctil de 2,4 polgadas, cámara de 1,3 Mpíxeles e radio FM, mide 88,5 x 52 x 13,5 milímetros, pesa 80 gramos, conta con conectividade microUSB, unha autonomía de 3 horas en conversa e 195 horas en espera e venderase para clientes de tarxetas por 59 euros (con ata 100 euros de saldo), estando tamén dispoñible no programa de puntos de Vodafone a partires de 0 euros.

PUBLICIDADE