Agestic organiza unha festa de Internet rural en Rábade
venres, 30 de novembro do 2007Coa finalidade de clausurar as campañas de difusión das vantaxes das tecnoloxÃas da información (TIC) levadas a cabo co Info Bus (BUSSI) por toda Galicia e de celebrar a boa acollida que tiveron as mesmas, a Asociación Galega de Empresas TIC, (Agestic), vén de anunciar a celebración dunha festa de Internet rural o vindeiro dÃa 2 de decembro no Campo da Feira de Rábade, en Lugo.
Tampouco nesta ocasión poderÃa faltar no recinto desta vila o Info Bus da Información, que estará alà aparcado ofrecendo acceso a Internet de balde asà como camisetas, vinchas de goma, caramelos e diverso material formativo sobre as TIC. Asemade, a festa estará amenizada con música por un DJ e unha animadora e organizaranse concursos e xogos para que participen tódolos asistentes que o desexen.
Con esta festa, a organización pretende celebrar cos veciños de Rábade (aproveitando a feira do domingo) o éxito das campañas de difusión das TIC e Internet no medio rural, nas que participaron máis de 1.500 cidadáns da provincia de Lugo e 6.000 en toda Galicia.
O presidente de Agestic, José MarÃa López Bourio, e o Alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, ofrecerán unha rolda de prensa posterior, para facer balance desta campaña de difusión e explicar datos e proxectos acometidos e por acometer.