Alcatel presenta un novo tablet económico

venres, 5 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Colocar tablets no mercado para os fabricantes máis modestos resulta actualmente bastante complicado tras rebaixarse o prezo de dispositivos bastante potentes ata os 199 euros, de aí que compañías como Alcatel opten por comercializar o One Touch T10, un tablet con Android 4.0.3 e pantalla de 7 polgadas que terá un prezo de venda de 119,90 euros.
O One Touch 10 funciona cun procesador ARM Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable a través de tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb), Wi-Fi N, cámara frontal de 0,3 Mpíxeles, USB 2.0, batería de 3.000 mAh (que permitiría unha autonomía dunhas 4 horas), un peso de só 340 gramos e, como principal eiva, que a súa pantalla só ten unha resolución de 800 x 480 píxeles, elemento que parece ser o que permite o seu axustado prezo.

PUBLICIDADE