Altia prevé incrementar o seu equipo profesional en 237 persoas nun período de dous anos
xoves, 22 de xullo do 2021
A
empresa
tecnolóxica Altia presentou os días pasados seu plan de negocio
para os anos 2021 e 2022, que recolle un incremento do seu
beneficio neto do 50% e pasa dos 6,2 millóns de euros en 2020 aos
9,3 millóns no ano 2022. Na folla de ruta da tecnolóxica con sede
principal en Oleiros estímase a obtención dun beneficio neto en
2021 de 7,8 millóns de euros, “o que supón un incremento do 25,7%
sobre o obtido en 2020, e 9,4 millóns de euros en 2022”.
Ademais,
Altia fai saber no seu documento que a Taxa Anual de Crecemento
Composto (TACC) consolida un crecemento do 25,9% para o período
2019-2022, cunha previsión de incorporación de 237 profesionais
nese período de dous anos. Respecto deste último punto, o
incremento do equipo humano da compañía, no plan de negocio faise
saber que un dos grandes desafíos da empresa é o de “obter e
reter o talento necesario para poder executar as vendas proxectadas
no documento”.
Deste
xeito, seguirase apostando por “unha política de contratación
controlada e rendible de recursos en función das vendas obtidas”.
Todo isto, engádese, “nunha nova contorna caracterizada pola
consolidación en mercado laboral da figura do teletraballo, con
especial atención ás políticas relacionadas coa conciliación e
mellora da experiencia do empregado”.
Con
este plan de negocio, explica Tino Fernández, presidente de Altia,
“marcamos unha folla de ruta para os vindeiras dous anos marcada
pola incerteza derivada da evolución da pandemia por COVID-19, e
malia estas complexas circunstancias no grupo demostramos unha
solidez e unha capacidade de adaptación que nos permite presentar un
plan para seguir medrando ben situados na vangarda dun sector tan
competitivo como o noso”.
