Altia seguirá mellorando a ferramenta estatal de tradución automática: PlaTa
martes, 19 de novembro do 2019
Por
cuarto ano consecutivo, a empresa galega Altia será a encargada de
realizar o mantemento e a evolución da Plataforma
de Tradución Automática (PlaTa) que o Ministerio de Facenda pon
a disposición de calquera entidade ou institución pública que
precise facer tradución de textos, de contidos, de páxinas web ou
de documentos.
PlaTa
é unha ferramenta xurdida no seo da Secretaría Xeral de
Administración Dixital (Goberno central) e da súa necesidade de
dotar aos seus portais dunha plataforma para a adaptación a
diferentes linguas de textos, documentos de código HTML. E todo isto
“presentando os contidos aos cidadáns traducidos cun mínimo de
calidade nas linguas cooficiais do Estado e máis en inglés”.
Baseada en motores de tradución opensource (Moses,
Apertium), a ferramenta permite a localización automática de
portais web aos idiomas cooficiais e a inglés, francés ou portugués
a partir de textos en castelán
Volvendo
ao cometido de Altia, no novo contrato especifícase que se encargará
da mellora de determinados aspectos dos motores actuais de procura,
que actualmente permiten a tradución entre castelán, eúscaro,