Altia traballará na nova plataforma electrónica integral do IGVS

venres, 26 de xullo do 2019 Fernando Sarasketa

A firma galega Altia, centrada en servizos de consultoría e solucións tecnolóxico-dixitais avanzadas, vai colaborar coa área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da axencia autonómica AMTEGA no desenvolvemento da nova plataforma electrónica integral do Inst, proxecto que conta con co-financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e que ten obxectivo de impulsar os máximos niveis de dixitalización, simplificación e interoperabilidade para o devandito instituto.
O IGVS, como lembraremos, é o órgano da Administración galega ao que corresponden as competencias e funcións autonómicas en materia de política de vivenda, patrimonio arquitectónico, creación de solo residencial, ordenación do territorio, urbanística e chan industrial, etc.
Coa nova plataforma electrónica, a Xunta quere mellorar do servizo que o IGVS presta aos cidadáns en materia de vivenda e solo, obxectivo que, segundo reflicte Altia, “pasa pola mellora das funcionalidades que os sistemas de información do IGVS ofrecen aos seus xestores e, tamén, pola integración da plataforma cos servizos transversais de Administración Electrónica”.
Entre as actuacións que se levarán a cabo figuran as seguintes:
· Renovación tecnolóxica dos sistemas de información do IGVS.
· Creación dun novo acubillo centralizado de información xeorreferenciada co inventario de bens do IGVS.
· Desenvolvemento da nova plataforma pondo o foco na simplificación e optimización dos procedementos administrativos.
· Mellora da interoperabilidade entre procesos.
· Integración da plataforma con servizos transversais de Administración Electrónica da Xunta de Galicia.
· Integración da plataforma con outros servizos externos.
Integración coa plataforma corporativa XIS da Xunta.
Este proxecto inicia a súa andaina antes de verán de 2019, e ten un prazo previsto de execución de 2 anos.

PUBLICIDADE