Amazon Go, a tenda sen caixas rexistradoras
luns, 5 de decembro do 2016
Conquistar o comercio electrónico en liña non parece ser
suficiente para Amazon, e a compañÃa norteamericana leva meses abrindo tendas
fÃsicas e servizos que cada vez se achegan máis ao consumidor, e agora amósanos
o que serÃa toda unha revolución con Amazon Go, un novo concepto
de tenda que funcionarÃa en combinación cunha aplicación que o usuario terÃa no
seu smartphone, de xeito que poderá coller os produtos que queira no
establecemento e poder saÃr coa compra feita sen ter que facer cola para pasar
por caixa, xa que o sistema é capaz de levar conta de todo o que o cliente vai
collendo mentres percorre a tenda.
Amazon asegura que a experiencia de compra en Amazon Go gardarÃa moitas
similitudes con tecnoloxÃas como os coches autónomos, xa que combina visión
artificial e sensores para detectar cando se retira e devolve un produto aos
estantes, de xeito que vai incluÃndoos a un cariño da compra virtual que ao
saÃr da tenda traducirase nun recibo electrónico que teremos no móbil,
completando unha mecánica moi áxil e cómoda.
Polo momento só hai unha destas tendas piloto, de 167 metros cadrados, na
cidade de Seattle, e polo momento só está dispoñible para empregados de Amazon,
de xeito que non estará aberta ao público até primeiros de 2017, ofrecendo
principalmente produtos de alimentación e servindo asà de demostración ao mundo
de que a innovación non pode chegar só en liña, senón que tamén é susceptible
de afectar aos establecementos máis tradicionais.
VÃdeo promocional de Amazon Go