Amazon celebrará o seu 20º aniversario con grandes rebaixas

luns, 6 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Antes das temporadas de maior volume de vendas é habitual que os establecementos comerciais realicen rebaixas para dinamizar as vendas, e ao igual que antes do Nadal é xa tradición celebrar o Black Friday (especialmente na Internet), antes da volta ao cole temos normalmente rebaixas de verán, que no caso de Amazon queren que sexan moi especiais, e aproveitan que están a cumprir 20 anos para celebrar o seu Premium Day, un evento global que se celebrará o vindeiro día 15 en EE.UU., Reino Unido, Xapón, Italia, Alemaña, Francia, Canadá, Austria e España.
Este día completo de compras en liña promete ter máis ofertas que o Black Friday, pero en exclusiva para os membros do programa Amazon Premium, que serán os que poderán acceder ás ofertas en produtos de Electrónica, Informática, Deportes, Fogar, Videoxogos, Xoguetes e moito máis, combinándose Ofertas do Día con Ofertas Flash, de xeito que unhas estarán dispoñibles todo o día e as outras iranse renovando cada 10 minutos, facendo que os usuarios estean pendentes do que pode dar de si esta xornada de promocións que pretende ser un incentivo para contratar Amazon Premium, programa que permite recibir sen custo adicional máis dun millóns de produtos nun prazo de dende 1 día laborable e sen compra mínima e que actualmente ten un prezo anual de 19,95 euros/ano.


Vídeo promocional do Premium Day de Amazon