Amazon entrará no mercado español de libros electrónicos este mesmo ano

luns, 21 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

O Kindle non está pensado só para a lectura de e-books, senón que tamén ten dispoñible a subscripción a distintos xornaisA axente literaria Carmen Balcells, que representa ás principais firmas en lingua española, avisou aos seus autores de que Amazon está a preparar o seu desembarco en España, o que será un revulsivo para o sector que na actualidade xera un negocio totalmente residual no país (dos 32 autores que xestiona Balcells, en todo 2010 só ingresaron 5.885 euros por obras electrónicas).
Balcells asegura na misiva que remitiu aos seus representados que en 2011 Amazon vai instalarse en España e «desexan multiplicar vendas». A entrada de Amazon podería ser un movemento decisivo, coma nos EE.UU., onde marcou un antes e un despois (acaparando o 63% das vendas), mentres que aquí «o mercado do libro electrónico está a ter moita notoriedade mediática e moi pouca en termos de vendas», polo que recomendan cautela no xeito de xestionar os dereitos co formato dixital.