Amazon presenta novos dispositivos Kindle
xoves, 6 de setembro do 2012- O Kindle Paperwhite preséntase como mellor eReader do mercado
Esta tarde Amazon ofreceu unha presentación
destinada a amosar os novos produtos da familia Kindle para EE.UU., que supón
unha reestruturación total dos lectores de libros electrónicos e tablets da compañÃa,
tanto en prezo como en prestacións. Para comezar, o vindeiro 14 de setembro
Amazon baixará a barreira de entrada para os eReaders Kindle, quedando
o máis básico en 69 dólares, aÃnda que os afeccionados á lectura posiblemente
preferirán optar polo novo
lector Kindle coñecido como Paperwhite,
en referencia á súa nova pantalla que mellora un 62% a súa resolución (chegando
aos 212 puntos por polgada) e un 25% o contraste, á vez que incorpora
iluminación frontal, sendo o primeiro eReader no mercado en incorporar esta
tecnoloxÃa de pantalla. Porase á venda o 1 de outubro a 119 dólares no seu
modelo con Wi-Fi e a 179 dólares no seu modelo con 3G.
- O Kindle Fire HD é a proposta coa que Amazon parece querer facer fronte a Apple grazas a uns prezos agresivos e a multitude de contidos
O tablet Kindle Fire tamén se renova, incorporando o dobre de memoria RAM, un
procesador máis rápido e unha baterÃa de maior autonomÃa o que non impide que
baixe o seu prezo ata 159 dólares a partir do 14 de setembro, data na que
chegará o produto que ocupará realmente o seu lugar, o Kindle Fire HD 7, que
por 199 dólares (con 16 Gb de almacenamento) tamén ofrecerá unha pantalla de 7
polgadas (cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles), unha baterÃa cunha
autonomÃa de 11 horas e que vén a ser o irmán pequeno do produto estrea da
presentación desta tarde, o Kindle
Fire HD, que presume dunha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de
1.920 x 1.200 pÃxeles, cámara frontal de alta definición, procesador OMAP 4470
que aseguran que supera en velocidade ao nVIDIA Tegra 3, altofalantes estéreo,
16 Gb de almacenamento interno e un prezo de 299 dólares, o que poderÃa
servirlle para competir co iPad. Tamén contará cunha versión con conectividade
LTE (4G) e 32 Gb de almacenamento interno a un prezo de 499 dólares.
O Kindle Fire HD 7 estará dispoñilble en capacidades de 16 e 32 Gb, mentres que
o Kindle Fire HD terá modelos de 16, 32 e 64 Gb, atendendo á demanda de maior capacidade
de almacenamento en dispositivos con pantallas de alta definición (pois os
contidos multimedia ocupan considerablemente máis en HD). Os novos tablets
tamén contan con conectividade Bluetooth e con saÃda HDMI, permitindo asÃ
conectalos a un televisor para amosar na grande pantalla fotografÃas e vÃdeos.
Polo momento descoñécense os plans de Amazon para traer os novos dispositivos a España, sendo de agardar que desta volta si comercialicen no noso territorio os seus tablets, pois a semana pasada estrearon a Tienda Apps, o que enténdese como un indicio do desembarco español dos tablets Kindle Fire (que xa teñen confirmada a súa comercialización no Reino Unido).
ACTUALIZACIÓN: Amazon venderá o Kindle Fire en España por 159 euros, o Kindle Fire HD 7 de 16 Gb por 199 euros e de 32 Gb por 249 euros, aceptando reservas dende hoxe mesmo, e comezando a entregar os produtos o 25 de outubro. Do Kindle Paperwhite e do Kinde Fire HD con pantalla de 8,9 polgadas aÃnda non se coñecen os detalles da súa comercialización en España.
VÃdeo integro do evento de presentación dos novos Kindle de Amazon
Anuncio televisivo do novo Kindle Paperwhite
Anuncio televisivo do novo Kindle Fire HD